O campo da Fieiteira viviu a emoción do fútbol base. Tivo lugar o torneo Internacional Congalsa de Fútbol Base onde máis dunha vintena de equipos quegados de diferentes puntos de España, Portugal e Francia se deron cita nas categorías alevín e benxamín. A competición contou con varias fases e nas finais, que se disputaron o domingo, proclamáronse campións o Atlético de Madrid en alevín e o Porto en benxamín.
A primeira parte do torneo contou con 19 encontros por cada categoría onde había equipos recoñecidos como o Villareal, Atlético de Madrid, Celta, Deportivo, e tamén os portugueses Porto ou Benfica, e o parisino Entente Sportive. Onde tamén houbo representación local co Cidade de Ribeira, que foi eliminado nos oitavos de final alevín polo Celta.
As semifinais alevíns estiveron protagonizadas polos choques entre o Entente e Villareal e o Atlético contra o Porto. Na final víronse as caras o Villareal co Atlético de madrid, encontro que rematou con empate a ceros polo que se resolveu cos penaltis a favor dos madrileños.
En benxamín o Mos e o Betis medíronse na primeira semifinal e na seguinte o Porto co Entente Sportive. Na final, na que se enfrontaron o Betis co Porto, foron superiores os portugueses.
O torneo, patrocinado por Congalsa e Ramiro Carregal, foi un éxito xa que máis de 4.000 persoas se desprazaron ata Ribeira. Ademais a solidariedade foi a outra protagonista xa que todo o recadado no campionato irá destinada á asociación Aladina.
Un dos momentos máis emotivos do torneo foi cando Nico, un ribeirense de 12 anos que está a sufrir unha enfermidade, fixo o saque de honra antes da disputa das finais.