Hai pouco máis de oito anos fundouse o Barbanza Golf. O club, con base en Moimenta, conta co seu campo de golf e dende o seu nacemento non deixa de sumar logros. O máis recente foi a celebración do Campionato Nacional masculino de Pitch and Putt, no que venceu Bernabé González. O presidente do Barbanza Golf, Alberto Colón, agradece a boa acollida que lle brindaron nada máis abrir as súas portas.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza