Logo de vivir varios días nunha nube de emocións por pechar a súa presencia na loita polo título da primeira división e de conquistar a Copa Galicia, o Noia Portus Apostoli volve a competir. E o fará na última xornada da liga regular visitando a cancha do Industrias Santa Coloma. Agárdase un encontro igualado no que os noieses buscarán amosar unha boa versión para levarse os tres puntos.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza