O intercambio cultural, educativo e vivencial volve a estar presente na Pobra do Caramiñal. O IES da Pobra é un ano máis o punto de encontro e o anfitrión dunha nova delegación de visitantes que chegan ao municipio co Erasmus+. Nesta ocasión desprazouse ata terras pobrenses un grupo formado por trinta alumnos e profesores chegados de Portugal, Italia, Turquía, Romanía e Finlandia, que gozaron de varios días de visita na comarca.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza