Esta nova edición do premio de literatura infantil Carlos Mosteiro pechouse co premio para María Canosa. A escritora fíxose co quinto certame impulsado polo Concello da Pobra coa súa obra “Teño un volcán dentro”, no que narra a historia dun rapaz con síndrome de Asperger e o seu proceso de integración a un novo centro educativo. Esta mañá fíxose a entrega oficial do premio á súa gañadora no auditorio do Museo Valle-Inclán.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza