O Concello de Boiro xa forma parte da vintena de municipios na provincia coruñesa adheridos ao sistema Vioxen, que agora pasan a ser 22. A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, o alcalde da localidade, José Ramón Romero, e o Tenente Coronel Xefe interino da Garda Civil da Coruña, Fernando Pedreira, firmaron esta mañá o protocolo de adhesión de Boiro a este sistema que busca erradicar a violencia de xénero.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza