Despois dos anos obrigados de parón pola pandemia, a Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expomar volveu a contar cunha nova edición, a XIX. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, desprazouse ata Burela para asistir á súa inauguración. Nese escenario enxalzou o labor da Fundación Expomar á hora de buscar solucións entre administracións e sector ante os desafíos que ten por diante a frota galega como a descarbonización ou a remuda xeracional. E a capacidade do sector de sobrepoñerse e enfrontarse a todas as situacións.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza