A cita electoral para volver a elixir os gobernos municipais está cada vez máis preto, polo que os partidos encaran as últimas presentacións. O PP de Lousame deu a coñecer o seu proxecto no restaurante O Trapeiro, unha proposta que volve a estar liderada por Teresa Villaverde. A actual rexedora do municipio sinalou que os veciños foron o eixe central destes 4 anos, e o van a volver a ser na próxima lexislatura. Villaverde debullou ante os preto de 300 veciños os seus proxectos, entre os que se atopan a sostibilidade e o aforro enerxético.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza