Estas últimas xornadas foron moi activas para os corpos de seguridade comarcais. A Policía Local de Rianxo interceptou na tarde de onte a un condutor que conducía baixo os efectos do alcol en sentido contrario. Os feitos sucederon en torno ás 20.30 horas cando os municipais recibiron chamadas de alerta por un vehículo que circulaba de forma errática pola vila e que interceptaron na rúa Rosalía de Castro invadindo o carril contrario.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza