Cinco charlas forman o cartel da sétima edición das xornadas saudables que organiza o Concello de Ribeira coa Escola Galega de Saúde. Serán no Centro Cultural Lustres Rivas en abril e maio en horario de 16:30 a 20:30 horas. A iniciativa abordará desta vez os problemas de conduta e a adición ás novas tecnoloxías na adolescencia, a alimentación sa ou a xestión da dor.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza