Esta fin de semana disputouse en terras vascas a Subida a Gorla, proba marcada no calendario para os amantes do ciclismo. Nela participou o ciclista ribeirense Álex Paz, que amosou o seu potencial ao longo do percorrido.
Os corredores arrancaron en Bergara cunhas condicións desapacibles, aínda que iso non evitou que os ciclistas atacaran e competiran dende o inicio do percorrido. Á primeira hora dende o inicio da carreira despegouse un grupo de dez ciclistas, formado por Paz, do club ciclista Padronés-Cortizo, e outros corredores.
Conforme avanzaba a proba os protagonistas