O sector bateeiro está a vivir épocas complicadas. Á falta de mexilla vén de sumarse unha serie de roubos que se desenvolveron os polígonos Vilagarcía A e Vilagarcía B. Foron subtraídas cordas de cría de mexillón, actos que se suman a outros que se rexistraron en bateas da Asociación de Produtores de Mexillón de Rianxo, Aspromeri.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza