Esta fin de semana dispútase a xornada 24 da primeira División de Futsal, o que é sinónimo dun duro enfrontamento para o Noia Portus Apostoli. Logo de vencer ao Barça no Palau e de empatar na casa co Jaén, os noieses mediranse esta fin de semana ao segundo clasificado: o Mallorca Palma Futsal. Será un encontro difícil e que esixirá unha vez máis a mellor versión dos brancos.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza