O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a concelleira de Deportes do municipio, Dores Torrado, anunciaron esta mañá que nun breve período de tempo comezará a executarse o cambio de cuberta do pavillón da Cachada. Unha actuación na que o Goberno local investirá 172.700 euros e coa que se van a erradicar os problemas de filtracións que sofre a instalación municipal derivados da súa cuberta.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza