Esta fin de semana os equipos da comarca que xogan a Liga Galega Xuvenil defenderon os seus intereses lonxe da casa e volveron con senllas vitorias. O Boiro impúxose con claridade ao Viveiro ao vencer por un cómodo 0-4, e o Cidade de Ribeira mediuse ao Dumbría de onde trouxo unha importante vitoria ao gañar por 1-4.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza