Nas últimas semanas o sector do mexillón e o do percebe amosaron as súas posturas nun conflito pola extracción de mexilla que se viu incrementado. Logo de facer un chamamento ao diálogo, as confrarías e as principais asociacións de bateeiros sentáronse á mesa coa Dirección Xeral de Pesca e chegouse a un entendemento. Por iso a Consellería do Mar autorizou a apertura de novas zonas para a extracción de mexilla ata acadar os 22 quilómetros adicionais na última semana.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza