A Cidade da Cultura de Galicia acolleu esta mañá unha reunión cos sectores audiovisuais e turísticos para dar conta do avance da Glicia Film Comission. A nova plataforma virtual para a promoción internacional da comunidade como plató para filmes ou series, baixo o lema ‘Shooting at The End of The World’.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades anuncio que a súa posta en funcionamento será a partir do 2024. Conta cun investimento de 34M€ para levar e consta de 57 accións. O obxectivo é continuar co crecemento do sector e prepararse para afrontar novos retos.
O proxecto contará a partir do 2024 cun novo fondo para a atracción de rodaxes mediante a fórmula de incentivos directos ás empresas, coa previsión de que o seu retorno económico na nosa Comunidade multiplique por 10 o investimento público.