O son da arpa volverá a ser a protagonista en Noia este agosto. Dende o 3 ao 6 celebrarase a décima edición do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia que contará con artistas de Alemaña, Chile, Escocia, Francia, Irlanda e España. Acollerá ademais a estrea mundial da obra gañadora do I Premio Portus Apostoli, a peza obra Hibrys, do hispano-arxentino Alejandro Civilotti.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza