Esta mañá un pesqueiro afundiuse na ría Muros e Noia. Os tres mariñeiros tiveron que refuxiarse nunha balsa ata ser recollidos por outro pesqueiro que navegaba pola zona. Finalmente foron trasladados por unha embarcación mobilizada por Salvamento marítimo ata o peirao de Porto do Son, sans e salvos.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza