Hai uns meses o Concello de Boiro recibiu un escrito asinado por un grupo de mulleres no que rexeitaban o trato recibido por profesionais do Centro de Información á Muller do municipio. Este feito, as declaracións do grupo, unha moción presentada por un grupo da oposición e o trámite de audiencia iniciado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta por esta denuncia levou ao Goberno local a iniciar o 27 de xaneiro unha investigación interna para esclarecer os feitos. Indagacións que concluíron no día de hoxe e cuxos resultados foron presentados esta mañá.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza