O narcosubmarino localizado onte a unha milla da costa de Vilaxoán está vacío. Logo dos labores de remolque, a embarcación foi trasladada a unhas instalacións privadas na zona de Xufre, na Illa de Arousa. Así o confirmou o delegado do goberno en Galicia, José Miñones, quen afirmou que a investigación permitirá saber se este achado ten relación coa aparición das dúas planadoras na praia de Espiñeirido e pola zona do Vilar en Ribeira.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza