A ría de Muros e Noia alberga un dos bancos marisqueiros máis importantes de Galicia pola súa extracción de berberecho e ameixa. Da traballo a máis de 5 mil persoas neste sector que é un dos motores económicos da zona. Dende que en febreiro Augas de Galicia autorizou verter as augas residuais da Mina de San Fin emprazada en Lousame, Confrarías, corporacións municipais e Asociacións ambientais uníronse para deter o que consideran un ‘desastre medioambiental’.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza