A prohibición de pescar de forma dirixida o xurelo na zona oitava foi un duro golpe para o cerco galego, xa que a especie leva varios anos sendo o sustento deste segmento. Unha especie que vive a situación oposta ao xurelo é o lirio, do que España ten un 80% máis de posibilidades de pesca. Por iso dende o Ministerio de Pesca avalían a posibilidade de abrir esta pesqueira ao cerco. Algo que o sector non ve moi probable.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza