A Xunta destinará máis de 228 millóns de euros ata o ano 2027 para mellorar o saneamento e a depuración das rías galegas. Así o sinalou esta mañá no Parlamento a titular de Infraestruturas e Mobilidade. Recordou amais que a Xunta traballa na mellora da depuradora de Noia, que se porá en marcha a finais de abril.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza