O líder do partido socialista galego, Valentín González Formoso, mantivo esta mañá unha xuntanza co patrón maior da confraría de Rianxo, Miguel Iglesias. Tras o seu encontro, o secretario xeral do PSdeG-PSOE reclamou máis implicación do Goberno galego ante a baixada da produción que están a vivir os mariscadores da ría de Arousa. Unha situación que Formoso definiu de alarma.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza