Hai poucas semanas a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade deu a coñecer a autorización de Augas de Galicia aos vertidos de augas residuais da mina de San Finx, cumprindo 18 requisitos. Debido á posible chegada á ría de Muros e Noia de augas contaminadas, a confraría de Noia convocou unha mobilización do día 4 de marzo na vila noiesa, co fin de loitar polo seu sustento diario: a ría. Esta protesta contará co apoio do BNG comarcal.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza