Hai xente moza que aposta por incorporarse ao sector primario. Un destes casos deuse en Porto do Son, concretamente en Xuño. Neste lugar comezou a andadura de Darío Calo, que conta cun cebadeiro de xatos. Calo foi un dos beneficiarios das axudas que convoca a Xunta para promover a incorporación da mocidade ao agro e recibiu a visita do conselleiro de Medio Rural, José González, e do alcalde de Porto do Son, Luis Oujo. Xa que ademais o municipio sonense persegue impulsar novas iniciativas vencelladas ao sector primario.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza