O salón de plenos do Concello da Pobra da Caramiñal acolleu esta mañá a esperada entrega dos premios do concurso de ideas para a escultura en homenaxe ás vítimas da violencia de xénero. Con esta iniciativa o Executivo local busca concienciar contra este tipo de violencia que sofren e sufriron demasiadas mulleres. A vencedora do certame foi Isabel Soler, que presentou a súa proposta chamada “Como auga”.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza