A pasada noite varios efectivos da Policía Nacional de Ribeira desprazáronse ata a Avenida da Coruña, ao ser alertados. O corpo de seguridade acudiu ante un posible caso de violencia de xénero que se viviu nun dos edificios do lugar. Tamén foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Ribeira, xa que tiveron que abrir a porta da vivenda na que un home tiña retida a unha muller.
Unha vez a porta do piso estivo aberta, os axentes da Policía Nacional adentráronse no mesmo para actuar. O corpo de seguridade está investigando o suceso e detivo ao presunto autor do delito por violencia de xénero, ademais de activar o sistema de seguimento VioGen para estes casos. Non transcendeu máis información xa que se trata dun caso aberto.