Esta fin de semana viviuse con intensidade a vixésimo primeira xornada da Preferente. O Noia volveu a puntuar logo da última derrota ao empatar na casa o Mugardos, sen embargo o Boiro achégase aos noieses ao vencer nun emocionante partido ao San Tirso. A parte negativa viviuse en Rianxo, xa que o Unión volveu a perder, nesta ocasión co Pino, e xa encadea catro derrotas seguidas.
O Noia non puido facerse coa vitoria na súa visita a Mugardos, pero si que regresou con un punto máis que sumar ao seu casilleiro. O encontro rematou sen goles, uns 90 minutos nos que os brancos tivéronse que adaptar ás condicións do terreo de xogo, polo que despregaron un xogo directo. Os xogadores de Iván Carril crearon ocasións, pero non puideron converter en gol ningunha delas. A pesar do 0-0, o adestrador do Noia fixo un balance positivo xa que suma un novo punto que os deixa con 45 na segunda posición e están a tan só dous do primeiro, a Sarriama.
Aínda que o Boiro pisa forte e está a tan só un punto do Noia. O cadro dirixido por Anxo Casalderrey volveu a gañar na casa ante un combativo San Tirso, poñendo nun puño a cabeza do grupo norte da Preferente. O conxunto local tivo que traballar moito a súa vitoria, xa que o rival propuxo un partido moi serio. Os boirenses adiantáronse no electrónico ao bordo do descanso, cando no 42 Pedro Beda mandou ao fondo da portería visitante o esférico. Na segunda parte o Boiro seguiu rondando a meta do San Tirso, ata que no 77 Gregor Santorum sumou o seu primeiro gol de branco e o segundo do seu equipo. Os visitantes tamén crearon ocasións, e recortaron distancias no 90, aínda que o encontro non deu para máis. O boiro suma 3 puntos que o deixan terceiro, a só un punto do segundo e a tres do liderato.
Sen embargo o Unión non sae da focha de resultados que viña arrastrando, xa que apañou una nova derrota esta fin de semana. Os rianxeiros medíronse ao Pino no municipal de Vilas, un encontro no que os visitantes tomaron a dianteira cando apenas se xogaron 4 minutos. Os de Asados repuxéronse e igualaron o marcador no 55 co gol de Isma Cerqueiras. Xa no 74 un novo gol, nesta ocasión en propia meta, puxo por diante aos visitantes, que deron a puntilla ao marcador co terceiro no 76. O cadro dirixido por José Luis González encadea catro derrotas seguidas e é antepenúltimo. Ocupa postos de descenso e ten a salvación a cinco puntos.