Esta mañá o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na entrega de vehículos todo terreo a 8 concellos galegos. Trazo na provincia da Coruña, o Valadouro, Pol e Taboada en Lugo, os ourensáns e Cartelle, Larouco e Maside e o municipio de Rodeiro da provincia de Pontevedra foron os concellos beneficiarios dos novos vehículos todo terreo para reforzar aos equipos de emerxencias municipais. Trátase dunhas dotacións que representan unha inversión total de 213.800 euros.
Os novos vehículos forman parte de la liña de axudas de 2022 para concellos de menos de 50 mil habitantes que teñan Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. Os todo terrenos contan co equipamento necesaria para dar un correcto servizo.