A Cachada viviu este sábado un intenso partido na loita pola permanencia na Superliga do Boiro Voleibol co Conectabalear Manacor. A pesar da boa imaxe amosada polos boirenses, os visitantes impuxéronse por un 0-3 que non reflicte a igualdade que se viu no partido, sobre todo no primeiro e último set. A pesar de sumar unha nova derrota, o adestrador do Rotogal, Emilio Palacio, fixo un balance positivo do encontro.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza