O fútbol regresa unha fin de semana máis aos campos da comarca. A vixésimo primeira xornada da Preferente terá partidos de alta esixencia para os equipos da contorna, que sairán a pola vitoria. O Noia visitará o campo do Mugardos na procura dos tres puntos. O Boiro defenderá os seus intereses en Barrañana medíndose ao San Tirso,mentres que o Unión busca fuxir dos últimos postos gañando ao Pino.
O Noia afronta esta xornada logo de perder o liderado da Preferente. Os noieses veñen de firmar un inicio de ano irregular, sumando catro puntos dos doce disputados. Este freo na súa boa dinámica costoulle a cabeza da clasificación, e esta fin de semana buscarán unha nova vitoria para perseguir ou arrebatar o primeiro posto á Sarriana. O cadro dirixido por Iván Carril medirase ao Mugardos nun duelo directo polos primeiros postos. Os locais son cuartos e veñen de perder o seu encontro contra o Pino pola mínima. O domingo ás 16.30 horas o esférico comezará a rodar no campo da pedreira neste duelo entre o cuarto e o segundo clasificados da preferente.
O Boiro quere seguir pelexando por estar nos postos máisaltos da táboa e para conseguilo terá que vencer ao San Tirso en Barraña. Os boirenses son terceiros e están a tres puntos do segundo, o Noia. O conxunto encabezado por Anxo Caslderrey vén de gañar pola mínima ao Victoria nun partido moi igualado. Mentres que o seu riavl impúxose con solvencia ao Montañeros. O campo de Barrañana vivirá este domingo unha nova tarde de fútbol na que se verán as caras o terceiro clasificado co oitavo. O pitido inicial soará ás 16.45.
E o Unión terá unha nova oportunidade de alonxarse dos últimos postos da táboa, aínda que non o terá fácil. Os rianxeiros son antepenúltimo e veñen de encadear tres derrotas seguidas, a última por 3-0 coa Sarriana. En fronte estará o Pino, ´setimo clasificado, que vén cunha dinámica oposta aos de Asados aos sumar tres vitorias seguidas, a derradeira contra o Mugardos. O campo municipal de Vilas acollerá este duelo de urxencia para o Unión que terá lugar o domingo ás 17.00 horas.