O Viveiro de Empresas de Espiñeira acolleu onte unha reunión informativa sobre o Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, coñecido como Sicted, impulsada por Barbanza Arousa. A mancomunidade achegoulle a unha trintena de empresas do sector do turismo información sobre o proxecto de implantación desta certificación de calidade que ten un inicio inminente.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza