Xa o veñen denunciando dende hai meses, pero hoxe chegou a gota que colmou o vaso. As urxencias do Hospital do Barbanza están saturadas e dende a CIG demandan máis facultativos. Unha vez rematadas as oposicións e traslados cinco médicos deixaron o servizo e só se incorporaron tres. Un deles con redución de xornada e outro que non se pode incorporar.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza