O auditorio de Rianxo acolleu esta fin de semana arte, literatura e música coa presentación da novela ‘Días de intemperie’ de Antón Riveiro Coello, editada por Galaxia. O acto organizado por Barbantia contou coa violinista Patricia Túñez amais do son de fondo do piano de Aida Saco, que compuxo pezas específicas para os actos Castelao do Concello de Rianxo.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza