O Goberno galego está a traballar na inclusión de 400 espazos naturais no Inventario de zonas húmidas de Galicia. É unha nova iniciativa na que se recolle información sobre o número, extensión, valores e estado de conservación dos espazos deste tipo existentes na Comunidade e que, polo tanto, constituirá unha base fundamental para a súa xestión. Un dos espazos naturais que integrará este rexistro é a lagoa de San Pedro de Muro, en Porto do Son.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza