O Concello Concello de Muros vai realizar unha auditoría na rede de saneamento para poder detectar vertidos e infiltracións e mellorar a calidade das augas da ría, gracias á subvención da Xunta de 12.500 euros. Esta mañá as conselleiras de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e do Mar, Rosa Quintana, visitaron Muros, xa que é un dos 22 concellos beneficiarios da primeira convocatoria desta liña de axudas.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza