Esta fin de semana disputouse a décimo sétima xornada da Primeira División Galega Feminina Arzúa – Ulloa e o Noia volveu a xogar ante a súa afección. Sen embargo o apoio das gradas do anexo do Julio Mato e o ímpeto das xogadoras non bastou para deixar a vitoria na casa. As brancas medíronse ao Bergantiños, o cuarto clasificado da competición, e impuxéronse ás locais por 2-4.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza