Esta fin de semana deuse pistoleiro de saída a unha nova edición da Liga de Cruceiros Ría de Arousa nas augas que bañan a Pobra do Caramiñal. O club náutico Arousa Norte foi o encargado de organizar a primeira proba cesta xa tradicional cita invernal na que o Orlando, o Santanas e o Fixius venceron nas súas clases.
Os tres percorridos estaban trazados para que as embarcacións compartiran o tramo final: dende a illa de Rúa ata as inmediaciós do porto comercial pobrense. Os primeiros en cruzar a liña de meta foron as embarcacións da clase cruceiro, que percorreron 8,6 millas. O Orlando foi o vencedor desta categoría logo da compensación de tempos, quedando segundo o Galopín e terceiro o Thor.
En cruceiro regata, que navegaron 10,2 millas, impúxose o Fixius, que entrou 2 minutos antes do Camping ría de Arosa. E o terceiro posto foi para Piko Norte. A clase regata