Esta fin de semana o BNG do Barbanza celebrou os 40 anos da súa fundación cun acto no que as emocións estiveron moi presentes. Na cita para conmemorar o aniversario da formación política presentouse un libro coa historia da agrupación ademais de contar cunha emotiva homenaxe aos seus militantes históricos.
A deputada Rosa Pérez agradeceu todo o traballo desenvolvido ao longo destes anos pola militancia e os simpatizantes dos nacionalistas e nomeou as tres fortalezas do BNG. Que a agrupación foi capaz de facer política en clave galega para xerar solucións adaptadas á realidade. Tamén destacou a sólida organización da formación e sinalou que o BNG é moito máis que unha organización, se non que é un sentimento de amor e un compromiso vital con Galicia.
O acto finalizou coa entrega duns obsequios a varios militantes como agradecemento a todo o traballo que levan feito ao longo das últimas catro décadas. De Ribeira foron galardoados Xaquín Maño e Áurea Santiago, da Pobra Rosana Pérez, de Boiro Santos Saborido e de Rianxo Nero Abuín e Miguel Ordóñez