A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski mellora as condicións salariais dos seus traballadores para este 2023. Trátase dun incremento de entre o 8 % e o 16 % e se enmarca dentro do paquete de medidas coas que a empresa busca garantir o poder adquisitivo das persoas que traballan nas tendas, plataformas e sede da compañía en Galicia, Asturias e Castela e León.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza