O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, salientou hoxe que Galicia continúa reforzando a atención primaria con medidas para facer fronte ás actuais demandas da poboación galega. Neste senso, puxo en valor a o “acordo importante” aprobado no Consello da Xunta para a posta en marcha de 35 novos equipos de enfermería que se desprazarán polas zonas rurais e semirrurais para atender a domicilio pacientes crónicos.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza