No Polígono Industrial de Té está prevista a instalación dunha unidade operativa rural para a loita contra os incendios forestais. Para este fin o concello rianxeiro cedeu á Xunta a parcela de titularidade municipal. O obxectivo é potenciar a loita contra o lume en toda a comarca, un servizo que beneficiará aos municipios da contorna.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza