O Concello de Porto do Son desenvolverá diferentes actuacións nestes primeiros compases do 2023. Unha delas é a mellora do bordo da praia do Cruceiro, traballos que foron adxudicados por máis de 210.000 euros cofinanciados nun 70% pola consellería de Medio Ambiente e o restante 30% polo concello. Os traballos consistirán na demolición dos muros de formigón, asfalto e bordos actuais e tamén se moverán terras para dar firmeza aos cimentos das pasarelas que se instalarán.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza