Unha aposta polas experiencias durante todo o ano. Esta é a premisa que a Mancomunidade Barbanza Arousa leva a Fitur con ‘A emoción de descubrir’. Un audiovisual que apela ás emocións dos visitantes por experimentar as vivencias no destino Barbanza Arousa. Tamén o Xeodestino Ría de Muros Noia participa en FITUR cun formato diferente. Trátase dun documental que presentará o vínculo que hai entre a sustentabilidade e a Ría de Muros Noia.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza