A Casa da Cultura da Serra de Outes acolleu o venres a presentación da novela “Cando choran as Cies” de Santi Domínguez. Un libro publicado pola editorial Galaxia que narra en forma persoal o acontecido hai 20 anos, a catástrofe do Prestige. Así, o autor recolle as testemuñas das persoas que estiveron ao pé das costas galegas, limpando as praias negras de chapapote.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza