A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá o Concello de Outes. Alí fixo dúas paradas en compañía do alcalde, Manuel González, e de membros da corporación municipal. A primeira foi ao Punto de Atención á Infancia de Outes, que conta coas súas 20 prazas ocupadas. E a seguinte foi ás instalacións da futura escola infantil municipal de Outes, que estará no edificio do antigo CEIP Emilio de Navasqües.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza