A Primeira Galega volveu á competición con resultados dispares para os equipos da comarca que a disputan. O Cidade de Ribeira gañou o seu duelo co Xallas, o Puebla empatou no enfrontamento contra o Soneira e a Esteirana perdeu na súa visita ao Dumbría.
O Cidade de Ribeira continúa no 2023 coa súa boa racha de resultados. O conxunto dirixido por Manuel Ángel Pena venceu no seu partido contra o Xallas, reafirmando a súa condición de líder e ampliando a súa vantaxe en catro puntos co segundo, o Negreira. Os ribeirenses adiantáronse no campo da Fontenla no minuto 5 co gol de Ignacio Figueira, sem embargo no minuto 19 os locais igualaron o marcador. O Cidade de Ribeira refíxose deste golpe e foi achegándose á portería rival, que volveu a bater no 27, esta vez coa firma de Manuel Domínguez. A pesar dos intentos de ambos conxuntos por igualar por parte do Xallas e de ampliar a súa renda o Cidade de Ribeira, o pitido final certificou unha nova vitoria dos ribeirenses.
O Puebla comezou o 2023 amosando unha boa efectividade de cara á portería rival, pero non tanta na súa propia área. O equipo dirixido por Jesús Baleato empatou a catros co Soneira nun encontro de idas e vidas constantes e no que o Puebla chegou a avantaxar en tres goles ao cadro local. Empezou manando o Soneira cun gol no minuto 15, que igualou o Pobra no 26 co tanto de Christian Esono. os pobrenses puxéronse por diante no 27 despois de que Diego Bendaña mandara o esférico ao fondo da portería rival e no 30 ampliaron a súa vantaxe co segundo da tarde de Esono. Antes do descanso cheogu o 1-4 que levou a firma de Alejandro Pérez, pero antes de enfilar os vestiarios o Soneira fixo o 2-4. O segundo tempo estivo dominado en goles polo Soneira, que con dous tantos, un no 66 e outro no 76, igualou o encontro. O Puebla sumou así un novo punto que lle leva á novena posición da liga.
A cruz desta décimo sétima xornada foi para a Esteirana, que perdeu na súa visita ao Dumbría. Os muradáns víronse superados polos locais na primeira media hora do encontro certificado co tanto do Dumbría para poñerse por diante. Sen embargo antes do descanso os de Esteiro igualaron o partido dende os 11 metros cun gol convertido por Roberto Lago. A segunda parte foi moi igualada e contou con opcións para os dous equipos, pero finalmente a balanza caeu do lado dos visitantes que firmaron dous goles no tramo final do encontro para deixar os tres puntos no municipal de Dumbría. Con esta derrota, a Esteirana é undécimo nesta primeira galega.