O Rotogal Boiro Voleibol retomou a competición dunha forma que non agardaban. Certo que era un encontro complicado, pero os boirenses confiaban a amosar unha mellor versión ante a súa afección. De feito os locais comezaron mandando nos primeiros compases do partido, pero non pecharon o set, que foi para o Arenal Emevé, e logo o equipo de Emilio Palacio non soubo refacerse do golpe, perdendo o encontro por 0-3.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza